Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para a compartición de infraestruturas, técnicas, e servizos comúns que permitan a racionalización dos recursos TIC

Convenio de Colaboración asinado o 18 de setembro de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Parlamento de Galicia

18/09/2018

O presente Convenio ten por obxecto establecer as bases da colaboración entre o Parlamento e a a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para a compartición de infraestruturas, técnicas e os servizos comúns que permitan a racionalización dos recursos TIC, e que se recollen no Anexo I a este Convenio de Catálogo de sistemas dixitais a disposición dos órganos e entidades do sector público autonómico necesarios para o funcionamento dixital.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

As actuacións previstas no presente Convenio non xerarán custos nin darán lugar a contraprestacións financeiras entre as partes, e polo tanto, non precisa consignación orzamentaria.

O presente convenio terá unha duración inicial de catro anos, dende a data da súa sinatura, sen prexuízo da súa prórroga automática anual ata un máximo de catro anos, salvo renuncia formalizada por calquera das partes asinantes deste convenio con antelación á finalización do período correspondente.