Convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galic

Convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para continuar cos traballos do Portal Xurídico Galego e da Base de Datos de Lexislación Galega Consolidada

Asinado o 1 de xullo de 2016 entre o Parlamento de Galicia, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Amtega e a Universidade de Santiago de Compostela

Asinado o 1 de xullo de 2016 entre o Parlamento de Galicia, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Amtega e a Universidade de Santiago de Compostela

Este convenio ten por obxecto o establecemento das bases polas que se rexerá a colaboración entre o Parlamento, as diferentes consellerías participantes da Xunta de Galicia, a Amtega e a USC, para a elaboración e o acceso da sociedade galega en xeral a un novo recurso denominado: Portal xurídico galego e base de datos de lexislación galega consolidada, Lex.gal.

As actuacións que se desenvolverán en base a este convenio son:

  • Elaboración dunha base de datos de lexislación galega consolidada e comentada, desde a preautonomía á actualidade e en actualización permanente.
  • Crear e manter, en permanente actualización, un portal xurídico que, ademais de acoller a devandita base de datos, sirva de punto de acceso a distintos recursos xurídicos xa dispoñibles actualmente.

Neste convenio a Amtega asumirá o soporte tecnolóxico do portal e da base de datos. As actuacións do presente convenio non supoñen para a Amtega achega económica algunha.