Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre o Parlamento de Galicia, a Vicepresidencia, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxic

Asinado o 8 de xuño de 2017 entre o Parlamento de Galicia, a Vicepresidencia, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela

08/06/2017

Este convenio ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a colaboración entre o Parlamento, as diferentes consellerías participantes da Xunta de Galicia, a Amtega, a USC, para continuar os traballos de consolidación e actualización da normativa xurídica galega e da incorporación doutras normas de ámbito estatal en galego (Código civil, Código penal, Lei de axuízamento civil...) e, así mesmo, dotar o portal xurídico doutros recursos e da información xurídica de relevancia para o público en xeral.

As accións a desenvolver ao abeiro do presente convenio son as seguintes:

  • Continuar os traballos de consolidación e actualización das normas contidas nas bases de datos de lexislación galega desde a preautonomía ata a actualidade.
  • Dotar o portal xurídico de recursos xurídicos xa dispoñibles actualmente, pero dispersos, para facelos accesibles desde un punto común.

Este instrumento non supón custo económico algún para a Amtega.