Convenio de colaboración entre o Ministerio de Administracións Públicas e a Xunta de Galicia para a prestación mutua de servizos de Administración electrónica
Este convenio ten por obxecto establecer os termos e condicións xerais para o aproveitamento común dos servizos electrónicos que prestan as partes asinantes. Isto tradúcese na dispoñibilidade de determinados servizos, o que facilita o acceso e uso común destes por calquera das partes.
12/03/2008
En concreto:
- As administracións poderán acceder reciprocamente ás funcionalidades dos servizos proporcionados pola conexión á rede SARA (sistemas, aplicación e redes para as administracións), que facilita o intercambio seguro de información, a través dunha ligazón común para todas as necesidades de intercomunicación.
- A Xunta poderá dispor do servizo prestado polo Ministerio de Administracións Públicas a través da plataforma de validación e sinatura electrónica @sinatura para a identificación, validación ou xeración de sinatura electrónica por medio de certificados dixitais.
- A Xunta poderá utilizar os servizos de dirección electrónica única e de notificacións telemáticas seguras para o aviso dos seus actos e resolución administrativas.
- Habilítase á Xunta para o uso dos servizos de comunicación a domicilio, a través dos cales pode notificar o novo domicilio dos cidadáns do seu territorio.
Subscriben o convenio, en Madrid a día 12 de marzo de 2008, o Ministerio de Administracións Públicas e a Xunta de Galicia.
Organismo promotor: Xunta de Galicia