Convenio de colaboración entre o Instituto Nacional de Estadística, o Instituto Galego de Estatística e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para eliminar duplicidades estatísticas no ámbito do uso das tecnoloxías da información
Convenio asinado o 28 de novembro de 2014 entre o Instituto Nacional de Estadística, o Instituto Galego de Estadística e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que ten por obxectivo eliminar duplicidades estatísticas entre o Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia.
As actuacións que se desenvolverán en base a este convenio irán destinadas a elimiar ditas duplicidades estatísticas no ámbito do uso das tecnoloxías da información no sector empresas. Así, o Instituto Nacional de Estadística, comprométese a facilitar ao IGE os microdatos da "Enquisa sobre o Uso de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións e do Comercio Electrónico nas Empresas" pertencentes ás empresas da mostra con sede social en Galicia. E, pola súa parte, o IGE e a Amtega comprométense a non realizar ningunha operación estatística no ámbito do uso das tecnoloxías nas empresas, sempre que supoña duplicidade estatística entre o Estado e a Comunidade Autónoma.
Ademais, en base a este convenio levarase a cabo, cada cinco anos, un módulo máis amplo sobre as novas tecnoloxías nos fogares galegos, que formará parte da enquisa "Condicións de vida das Familias".
As actuacións do presente convenio non supoñen para a Amtega achega económica algunha.