Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre o Consello de Contas de Galicia e a Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia polo que se comparten infraestruturas, técnicas e servizos comúns que permitan a racionalización dos recursos TIC

Convenio de colaboración asinado o 8 de novembro de 2018 entre o Consello de Contas de Galicia e a Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia, Amtega

08/11/2018

Este convenio ten por obxecto establecer as bases da colaboración entre o Consello de Contas de Galicia e a Amtega, para compartir infraestruturas, técnicas e servizos comúns que permitan a racionalización dos recursos TIC que se recollen no Anexo I: Catálogo de sistemas dixitais, a disposición dos órganos e entidades do sector público autonómico, necesarios para o funcionamento dixital.

O presente documento define que o ámbito de aplicación son as aplicacións e sistemas para o funcionamento dixital, estas son un conxunto de solucións e infraestruturas informáticas necesarias para a dispoñibilidade dos procesos e servizos dixitais, que estandarizan e solucionan partes ou a totalidade do procedemento dun servizo electrónico. No "Anexo I Catálogo de sistemas dixitais" do presente convenio recóllense os sistemas, aplicacións e infraestruturas habilitantes da administración dixital na que se poñen a disposición do Consello de Contas de Galicia, que son Chave365, validación de certificados, selado de tempo, plataforma de contratos de Galicia, e o sistema de notificacións electrónicas de Galicia.

Poderase incluír novos sistemas, aplicacións e infraestruturas habilitantes da administración dixital no Catálogo de sistemas dixitais mediante addenda.

As actuacións previstas no presente Convenio non xerarán custos nin darán lugar a contraprestación financeira entre as partes.