Convenio de Colaboración entre a Xunta de Galicia e Telefónica de España, S.A.U para o desenvolvemento da iniciativa “Galicia Open Future: Retos Industria 4.0"
Acordo de Colaboración asinado o 28 de decembro de 2017 entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Telefónica de España, S.A.U
O presente Convenio ten como obxectivo sentar as bases de colaboración entre a Xunta de Galicia e TELEFONICA para o deseño, desenvolvemento e lanzamento da iniciativa "Galicia Open Future", así como dunha edición de aceleración de Industria 4.0: RETOS INDUSTRIA 4.0, impulsando deste xeito o fortalecemento do tecido empresarial galego baixo un modelo de innovación aberta. Esta iniciativa constitúese como unha iniciativa aberta á colaboración con terceiras institucións e empresas que queiran sumar esforzos á construción dun ecosistema emprendedor e de innovación aberta en Galicia.
O presente documento establece as liñas de actuación dos Retos Industria 4.0, as iniciativas que formarán parte do programa, as obrigas e responsabilidades das partes firmantes e o orzamento destinado a todas as accións previstas.
Este convenio estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2019, se ben as partes poderán acordar a prórroga do mesmo de maneira expresa, debendo suscribir nese caso o documento oportuno.
As actuacións deste convenio suporán para a Amtega unha achega de ata un máximo de 60.000 euros.