Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e Asociación PuntoGal para o impulso do dominio .GAL

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e Asociación PuntoGal para o impulso do dominio .GAL

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o presidente da Asociación puntoGal, Manuel González, asinaron o día 8 de maio do 2013 un convenio de colaboración para promover a candidatura do dominio .gal. A Amtega achega este ano 9.000 euros á Asociación para financiar trámites e xestións relativos á candidatura.

A Administración autonómica vén apoiando institucional e financeiramente esta iniciativa e desde 2007 achegou 490.000 euros á Asociación para o desenvolvemento das actividades necesarias para a presentación da candidatura. Deste importe, máis de 200.000 euros corresponden ao convenio asinado en 2012 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación puntoGal para financiar os custos de matrícula (150.000 euros), o aval esixido pola ICANN (40.000 euros), así como as accións de difusión e participación nas actividades co organismo internacional e outras entidades vinculadas ao regulamento da rede celebrarán nos vindeiros meses.

A Asociación puntoGal leva sete anos traballando para conseguir que a cultura e a lingua galegas teñan un espazo propio na rede e presentou formalmente a candidatura do dominio .gal hai un ano ante o organismo competente, o Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN).

A Asociación PuntoGal é unha iniciativa sen ánimo de lucro que, constituída co obxectivo de conseguir a creación do dominio .gal en internet, vén realizando nos últimos anos todos os trámites precisos para acadar este obxectivo ante o organismo competente, o ICANN.

En total son máis de 110 as entidades adheridas a PuntoGal, incluídas as principais institucións culturais (Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega etc.) e educativas (Universidade de Santiago, Universidade de Vigo, Universidade da Coruña etc) e os principais centros de investigación tecnolóxicas até ducias de pequenas asociacións culturais e profesionais, xunto con máis de 20 centros de emigrantes noutras comunidades autónomas e noutros países como Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, A Arxentina, Os Estados Unidos, O Uruguai e O Brasil.

Organismo promotor: Xunta de Galicia, Asociación PuntoGal