Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fundación para o Desenvolvemento Infotecnolóxico de Empresas e Sociedade (FUNDETEC) para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade da información
O presente Convenio de Colaboración entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Fundación Desenvolvemento Infotecnolóxico de Empresas e Sociedade, asinado o pasado 6 de xullo de 2011, ten por obxecto a realización de actuacións para o fomento da Sociedade da Información en Galicia. Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal.
06/07/2011
As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración consistirán na implantación da aplicación para a xestión integral de aulas CeMIT, Plataforma ISIS, e as conseguintes accións formativas sobre o uso e emprego da aplicación.
Organismo promotor: Xunta de Galicia