Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federacion Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da administración electrónica na Comunidade autónoma de Galicia

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federacion Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da administración electrónica na Comunidade autónoma de Galicia

Convenio de Colaboración asinado o 9 de novembro de 2018 entre a Xunta de Galicia e a Federacion Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)

Convenio de Colaboración asinado o 9 de novembro de 2018 entre a Xunta de Galicia e a Federacion Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)


O presente convenio ten por obxecto establecer o marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e as Entidades Locais de Galicia para o impulso e desenvolvemento da Administración Electrónica coa finalidade de acadar un nivel homoxéneo de prestación de servizos públicos dixitais no territorio da Comunidade autónoma de Galicia e garantir aos cidadáns o acceso electrónico aos servizos públicos mediante a implantación de procedementos, plataformas e redes de comunicación que posibiliten a súa interacción con calquera Administración pública.

Con esa finalidade, tamén é obxecto deste Convenio a determinación das condicións nas que a Xunta de Galicia facilitará o acceso das Entidades Locais da Comunidade Autónoma de Galicia que estean interesadas nas solucións tecnolóxicas relacionadas nel ou polas que as actualicen ou modifiquen no futuro, mediante a subscrición do correspondente Acordo de adhesión, que garantirá, en todo caso, o cumprimento das obrigas establecidas no presente Convenio.

Por conseguinte, este convenio establece ademais os mecanismos adecuados para asegurar unha maior participación, coordinación de investimentos, actuacións e intercambio de información entre as partes asinantes.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

O presente convenio estenderá a súa vixencia desde a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2020, se prexuízo da súa prórroga por un período máximo de catro anos mediante acordo unánime entre as partes asinantes, manifestado con anterioridade á finalización do correspondente período de vixencia.

Administración da comunidade autónoma de Galicia e as Entidades Locais de Galicia que se adhiran ao convenio contribuirán á extensión da administración electrónica mediante o financiamento, con cargo aos seus propios orzamentos, respectivamente, da realización das accións que se deriven do cumprimento do presente convenio.