Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a implantación da Historia Social Única Electrónica nas Entidades Locais da Comunidade Autónoma de Galicia

Asinado o 11 de novembro de 2016 entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias

11/11/2016

Este convenio ten como obxectivo o impulso da posta en funcionamento da Historia Social Única Electrónica nas Entidades Locais da Comunidade Autónoma de Galicia. O convenio establece:

  • A posta en marca da Historia Social Única Electrónica nas Entidades Locais da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Os mecanismos adecuados para asegurar a coordinación e intercambio de información entre as partes asinantes.
  • Que a Xunta de Galicia garantirá o acceso a información contida na plataforma de Historia Social Única Electrónica, e á propia plataforma, aos profesionais das Entidades Locais de Galicia.
  • Que as Entidades Locais de Galicia comprométense a impulsar, promover e difundir entre os seus administrados e o seu persoal a utilización da plataforma de Historia Social Única Electrónica.

A Xunta de Galicia, e as Entidades Locais de Galicia que se adhiran ao convenio asumirán respectivamente, con cargo aos seus propios orzamentos, as accións que se deriven do cumprimento do presente convenio.

As actuacións do Plan Trabe  incluidas dentro da operación "Plataforma tecnolóxica do catálogo galego de servizos sociais - Implantación da Historia Social Única Electrónica" atópanse cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020