Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a entidade pública empresarial Red.es para o desenvolvemento de actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito da administración electrónica
Este convenio asinado o pasado 18 de xuño de 2013 ten como obxecto o desenvolvemento de actuacións no ámbito da Administración Electrónica na Comunidade Autónoma de Galicia, a través da implantación de infraestruturas TIC, sistemas de información e servizos asociados. Adicionalmente, realizaranse actuacións de difusión e capacitación asociadas ás actuacións contempladas no mesmo.

En execución do presente Convenio desenvolveranse, entre outras, as seguintes actuacións:
Dotación de aplicacións e infraestrutura TIC: Realizaranse proxectos dirixidos á mellora da infraestrutura tecnolóxica ao servizo da Administración Electrónica na Comunidade Autónoma de Galicia así como desenvolvemento de aplicativos e actividades de capacitación no uso dos mesmos.
Dixitalización da información: Proxectos dirixidos á eliminación progresiva da xestión en papel no ámbito da Administración.
Desenvolvemento de servizos electrónicos: Proxectos dirixidos á posta en marcha de servizos electrónicos para que todos os interesados (particulares, empresas e institucións) poidan acceder á información.