Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Asociación Puntogal para o impulso do dominio .gal

O presente Convenio de colaboración asinado entre a Asociación Puntogal e a directora xeral da AMTEGA en representación da Xunta de Galicia o pasado 9 de marzo de 2012, ten por obxecto o establecemento das condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Xunta de Galicia e a Asociación Puntogal co obxectivo de impulsar o dominio .gal

09/03/2012

A Xunta de Galicia, trámite a AMTEGA, vén colaborando coa Asociación PuntoGal para impulsar o dominio .gal en internet. Así se recolle neste novo convenio asinado entre ambas entidades o pasado mes de marzo de 2012 no que se estipula que a Xunta de Galicia coloborará coa AsociaciónPuntoGal para a realización de actuacións orientadas a conseguir o devandito dominio.

A Asociación PuntoGal, constituída co obxectivo de conseguir a creación do dominio “.gal” en internet, está a realizar todos os trámites precisos para acadar este obxectivo ante o organismo competente, Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN). O obxectivo de PuntoGal é establecer un dominio en internet para a comunidade cultural e lingüística galega, o “.gal”, baixo o que poderán rexistrarse aquelas entidades, empresas ou persoas que se expresen en lingua galega e contribúan ao fomento da nosa cultura.

Actuacións
A achega da Secretaría Xeral de Modernización destinarase a varias actuacións primeiro lugar, á posibilitar a presenza dos asesores técnicos de PuntoGal nos encontros que o ICANN e outras entidades vinculadas, incluíndo o material informativo e promocional preciso para a participación de PuntoGal nestes eventos.

Para promover a candidatura do dominio a Asociación contratará un servizo de apoio de carácter administrativo para que execute os traballos necesarios para o bo funcionamento e atención das necesidades requiridas pola candidatura do “.gal”. Tamén se contratará un servizo de asesoramento técnico especializado para a realización de traballos relacionados co ICANN encamiñados á presentación definitiva da candidatura ante a ICANN.

Por outra banda, a Asociación PuntoGal estará presente en distintas feiras e encontros que se realizarán en Galicia e noutros lugares de influenza do colectivo de emigrantes galegos co obxectivo de dar a coñecer e promover entre a cidadanía galega as necesidades e posibilidades de contar cun dominio propio e promover así a candidatura do .gal.

Organismo promotor: Xunta de Galicia, Asociación Puntogal