Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de Colaboración entre a Universidade de Vigo, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Retegal para a realización da segunda edición do curso de especialista en tecnoloxías de quinta xeración (5G)

Convenio de Colaboración asinado o 5/11/2021 entre a Universidade de Vigo, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Retegal

05/11/2021

O obxecto do presente convenio é a colaboración entre a UVIGO, AMTEGA e RETEGAL para o desenvolvemento do curso de “Especialista en Tecnoloxías de Quinta Xeración (5G)” (en diante o Curso) enmarcado no Programa de Títulos propios da Universidade de Vigo.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

RETEGAL financiará as accións do presente convenio, ata un máximo de SETE MIL EUROS (7.000 €) con cargo aos seus propios orzamentos.

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2021.