Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación
Asinado o 4 de xaneiro de 2016 entre a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ten como obxectivo o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación
A EGAP e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en virtude do disposto neste convenio, poderán colaborar en actividades relacionadas coa realización de formación e investigación no ámbito das súas competencias.
As modalidades de colaboración poderán consistir, entre outras, en:
• A participación nas actividades da EGAP do persoal dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
• Realización conxunta de cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación
• Edición conxunta de libros, outras publicacións e documentos de traballo.
• Promover a actividade investigadora de ambas as dúas institucións mediante proxectos de investigación conxuntos.
A sinatura deste convenio non implica compromiso de gasto por parte da Amtega