Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Red.es e a Xunta de Galicia para a creación dun centro público demostrador TIC en Galicia

O programa prevé o desenvolvemento e execución de actuacións encamiñadas a impulsar a adopción xeneralizada de solucións TIC por parte das pemes, mediante a identificación de solucións tecnolóxicas en sectores de actividade económica, o posterior desenvolvemento de proxectos demostradores nos que se valide o modelo de negocio das aplicacións identificadas, e a posta a disposición das pemes de mecanismos de apoio para favorecer a incorporación das devanditas aplicacións.

09/08/2010

A Secretaria Xeral  de Modernización e Innovación Tecnolóxica, a Consellería de Traballo e Benestar xunto coa entidade pública empresarial Red.es, adscrita ao Ministerio de Industria, Comercio e Turismo,  poñen en marcha, hoxe día 9 de agosto de 2010, a iniciativa de creación dun Centro Público Demostrador, enmarcada na área de actuación de Desenvolvemento do sector TIC do plan Avanza2, que ten como obxectivo apoiar ás empresas que desenvolvan novos produtos e servizos con elevado componente TIC e promover a participación industrial española na construción da Internet do Futuro, con especial atención aos contidos dixitais.

A creación deste centro demostrador permitirá, entre outras accións:

  • Impulsar a creación de espazos de encontro entre a oferta do sector TIC e a potencial demanda das pemes
  • Facilitar a transferencia de tecnoloxía, servizos especializados e coñecemento entre sector TIC e as pemes
  • Asesorar, capacitar e formar tecnoloxicamente ás empresas
  • Pór os medios para a realización das probas e innovación de tecnoloxías, plataformas, produtos, servizos, modelo de negocio, procesos, metodoloxías, etc. ao servizo das empresas
  • Difundir as bondades da incorporación do TIC aos procesos produtivos entre as pemes 
Organismo promotor: Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio