Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento de actividades de verán para a promoción do talento dixital na mocidade

Convenio de colaboración asinado o 16/05/2023 entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

16/05/2023

A través deste convenio establécense as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento de actividades de verán para a promoción do talento dixital na mocidade.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como os deberes que deberán ser asumidos por ambas as partes para o cumprimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.
 
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia financiará os custos das accións do presente convenio que asume como propias, ata un máximo de trinta e cinco mil euros (35.000,00 €) con cargo á partida orzamentaria 07.A1.571A.640.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura, e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2023, sen prexuízo das posibles prórrogas (por períodos anuais ata o máximo de 4 anos) ou addendas que, no seu caso, poidan acordarse nas que necesariamente figurarán as actuacións a desenvolver e o financiamento correspondente.