Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento de actividades de verán para a promoción do talento dixital na mocidade

Convenio de colaboración asinado o 2 de xullo de 2021 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Política Social

Convenio de colaboración asinado o 2 de xullo de 2021 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Política Social

A través deste convenio establécense as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento de actividades de verán para a promoción do talento dixital na mocidade.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia financiará os custos das accións do presente convenio que asume como propias, ata un máximo de trinta mil euros (30.000,00 €) con cargo á partida orzamentaria 04.A1.571A.640.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura, e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2021, sen prexuízo das posibles prórrogas (por períodos anuais ata o máximo de 4 anos) ou addendas que, no seu caso, poidan acordarse nas que necesariamente figurarán as actuacións a desenvolver e o financiamento correspondente.