Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento de actividades de verán para a promoción do talento dixital na mocidade
Convenio de colaboración asinado o 29 de maio de 2019 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Política Social
A través do presente convenio establecense as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento de actividades de verán para a promoción do talento dixital na mocidade.
As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia financiará os custos das accións do presente convenio que asume como propias ata un máximo de vinte e cinco mil euros (25.000,00 €) con cargo á partida orzamentaria 04.A1.571A.640.0 dos orzamentos xerais da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2019.
O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2019 sen prexuízo das posibles prórrogas por períodos anuais, ata o máximo de catro anos, ou addendas que no seu caso poidan acordarse nas que necesariamente figurarán as actuacións a desenvolver e o financiamento correspondente.