Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento de actividades de verán para a promoción do talento dixital na mocidade

Convenio de Colaboración asinado o 15 de xuño de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Política Social

02/07/2018

A través do presente convenio establécense as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento o desenvolvemento de actividades de verán para a promoción do talento dixital na mocidade.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A achega económica da Amtega neste convenio será de ata un máximo de 21.780,00 €.

O presente convenio ten vixencia ata o 31 de decembro de 2018 sen prexuízo das posibles prórrogas (por períodos anuais ata o máximo de 4 anos) ou addendas que, no seu caso, poidan acordarse nas que necesariamente figurarán as actuacións a desenvolver e o financiamento correspondente.