Convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e a Universidade de Vigo para a realización do máster universitario en consultoría de software libre
Este convenio ten por obxecto establecer as liñas de traballo entre a Consellería de Innovación e Industria e a Universidade de Vigo para o cofinanciamento do programa oficial de postgrao en consultoría de software libre - Máster en Consultoría de Software Libre.
27/03/2009
O presente convenio ten por obxecto establecer as liñas de traballo entre a Consellería de Innovación e Industria e a Universidade de Vigo para o cofinanciamento do programa oficial de postgrao en consultoría de software libre - Máster en Consultoría de Software Libre.
Asinan o convenio, a 27 de marzo de 2009, o conselleiro de Innovación e Industria, en representación da Xunta de Galicia, e o reitor da Universidade de Vigo.
Organismo promotor: Xunta de Galicia