Convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e a Asociación de Padres de Personas con Retraso Mental (Aspanas), para a implantación das novas tecnolóxías no novo centro para persoas con discapacidade intelectual con necesi
O obxecto deste convenio é establecer as condicións de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e a Asociación de Padres de Personas con Retraso Mental (Aspanas), para a implantación de melloras tecnolóxicas específicas nun centro piloto en materia de control e domótica no referido ás persoas con discapacidade intelectual con necesidades de apoio límite e intermitente en situación de dependencia.

Ademais, fomentarase a sociedade da información a través das seguintes actuacións:
- Control do usuario e do contorno. Preténdese mellorar a seguridade da estancia dos usuarios, así como a eficiencia orientada ao seu control, a través da implantación de controis electrónicos de acceso a habitacións, control dixital de errantes...
- Comunicación do usuario e dos traballadores. Trata de implantar solucións que permitan a calquera persoa comunicarse con quen corresponda en busca de axuda, en caso de que exista algunha emerxencia (pulsadores en pulseiras persoais, pulsadores en habitacións de fácil acceso...).
- Comunicación do centro cara ao exterior.
- Aspectos varios de instalacións de control e domótica.
Asinan o convenio, o día 30 de xaneiro de 2009, o conselleiro de Innovación e Industria, actuando en representación da Xunta de Galicia, e a presidenta da Asociación de Padres de Personas con Retraso Mental (Aspanas).