Convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o apoio á creación e consolidación de oficinas de software libre universitarias

O presente convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo ten por obxecto o establecemento dun marco de actuación para o apoio á creación e consolidación de oficinas de software libre universitarias, así como a correspondente coordinación co Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia: mancomun.org da Consellería de Innovación e Industria.

Está previsto levar a cabo as seguintes actuacións:

  • Creación e consolidación das oficinas de software libre universitarias da Universidade da Coruña, da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo, as cales deberán contar, entre outras medidas, cun espazo web específico.
  • Coordinación e colaboración por parte das oficinas universitarias co Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia: mancomún.org da Consellería de Innovación e Industria, para a posta en común dos diferentes proxectos, así como para abordar novos proxectos en colaboración.

Asinan o convenio, o día 14 de maio de 2008, o conselleiro de Innovación e Industria, actuando en representación da Xunta de Galicia, e os reitores das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Organismo promotor: Xunta de Galicia