Convenio de Colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e ABANCA Corporación Bancaria, S.A. para o desenvolvemento do proxecto de modernización tecnolóxi

Convenio de Colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e ABANCA Corporación Bancaria, S.A. para o desenvolvemento do proxecto de modernización tecnolóxica dos medios de pago nos sistemas de transporte de Galicia

Convenio de Colaboración asinado o 14 de febreiro de 2018 entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e ABANCA Corporación Bancaria, S.A.

Convenio de Colaboración asinado o 14 de febreiro de 2018 entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e ABANCA Corporación Bancaria, S.A.

A través do presente convenio establécese o marco de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e ABANCA Corporación Bancaria, S.A. para o desenvolvemento dun proxecto de modernización tecnolóxica dos medios de pago nos sistemas de transporte de Galicia.

As actividades acordadas entre as partes van encamiñadas ao desenvolvemento de solucións innovadoras de transporte intelixente, en concreto a creación dunha tarxeta metropolitana no móbil, a posibilidade de facilitar aos usuarios a opción de pago por móbil e a creación dun billete automático desatendido.

O documento correspondente recolle as especificacións das actividades a desenvolver, así como os compromisos das partes e o orzamento dirixido ao finaciamento destas accións.

Este convenio estenderá a súa vixencia ata o momento que cese o desenvolvemento nel previsto, establecéndose como data máxima o 31 de decembro de 2019, sen prexuízo da súa prórroga expresa mediante acordo unánime das partes asinantes a ata un máximo de 2 anos, formalizada con antelación á finalización do período correspondente.

Este convenio non supón custo económico algún para a Amtega.