Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo e a Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA) para a posta en marcha do programa de Bolsas Digitalent

Convenio de colaboración asinado o 1 de outubro de 2019 entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo e a Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA)

01/10/2019


O presente convenio ten por obxecto sentar as bases de colaboracion a Xunta de Galicia, a Amtega, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo e a Fundación Empresa Universidad Gallega (Feuga) para definición e posta en marcha do programa de bolsas DigTtalent no marco do Plan DigiTalent que permitan promover a adaptación da capacitación de estudiantes, titulados e profesionais á demanda de novos perfís dixitais e maximizar as súas oportunidades de desenvolvemento profesional na economía dixital, impulsando a competitividade e xeración de emprego no ecosistema dixital.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia financiará as actuaciones que constitúen o obxecto deste convenio de colaboración ata un importe máximo de 181.000 € con cargo ás partidas orzamentarias 04.A1.571A.227.99 e 04.A1.571A.481.0 dos orzamentos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Esta achega irá destinada a financiar a posta en marcha do programa de bolsas DigiTalent mediante as actuacións preparatorias e convocatoria de, cando menos, 30 bolsas anuais, cun importe máximo de 3.000 € por bolsa incluíndose o custe de cotización, do seguro de accidentes así como os asociados aocumprimento destes para a realización de prácticas formativas en empresas do sector TIC orientada a estudiantes universitarios que teñan máis do 75% e menos do 100% de creditos aprobados 

A duración do presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2021 sen prexuízo de posibilidade de prórroga por un período máximo de dous anos.