Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Servizo Galego de Saúde, o Instituto Galego de Promoción Económica e a Fundación Pública Galega Centro de Supercomputación de Galicia para a actualización tecnolóxica de software de servidor, backoffice e escritorio da Xunta de Galicia
Convenio de colaboración asinado o 14/03/2022 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o Servizo Galego de Saúde, o Instituto Galego de Promoción Económica e a Fundación Pública Galega Centro de Supercomputación de Galicia
O obxecto do presente convenio é establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre a AMTEGA, o SERGAS, o IGAPE e o CESGA para o financiamento conxunto do primeiro contrato derivado do expediente AMT-2021-0151 de subministro e actualización tecnolóxica de software de servidor, backoffice e escritorio existente en diferentes organismos e entes dependentes da Xunta de Galicia.
As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.
O importe da achega da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) para a execución do obxecto mencionado na cláusula anterior, ascenderá a un máximo de catro millóns cincocentos trinta e seis mil douscentos oitenta e nove euros con tres céntimos (4.536.289,03 €), IVE non incluído, coa seguinte distribución por anualidades:
- Anualidade 2022: 1.510.773,25 €
- Anualidade 2023: 1.512.757,89 €
- Anualidade 2024: 1.512.757,89 €
- Anualidade 2025: 0,00 €
APLICACIÓN ORZAMENTARIA |
ANO 2022 |
ANO 2023 |
ANO 2024 |
ANO 2025 |
TOTAL (S/IVE) |
04.A1.571A.626.0 |
1.510.773,25 € |
1.512.757,89 € |
1.512.757,89 € |
0,00 € |
4.536.289,03 € |
Este convenio producirá os seus efectos a partir da data da súa sinatura e a súa vixencia estenderase ata o momento que se extinga o primeiro contrato derivado previsto, en todo caso ata o 31 de decembro de 2025. En caso de previsión de prórroga do dito contrato baseado, poderase prorrogar tamén con carácter previo a vixencia deste convenio, mediante a subscrición dunha addenda na que se detallarán os compromisos das partes.