Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre, para o desenvolvemento do software libre en Galicia

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre, para o desenvolvemento do software libre en Galicia

Asinado o 26 de abril de 2016 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre co obxectivo de desenvolver o software libre en Galicia

Asinado o 26 de abril de 2016 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre co obxectivo de desenvolver o software libre en Galicia

O presente convenio ten por finalidade o financiamento da realización de actuacións para o fomento do uso e divulgación do software libre en Galicia no marco da Axenda Dixital de Galicia 2020, entre as que destacan as seguintes:

  • Organización ou participación activa en congresos, xornadas, conferencias, obradoiros ou eventos similares de promoción e divulgación do Software Libre.
  • Asistencia como publico a congresos, xornadas, etc. de recoñecido prestixio dentro da comunidade do Software libre.
  • Elaboración de contidos divulgativos e /ou formativos, que deberán publicarse cunha licenza de documentación libre.
  • Desenvolvemento de proxectos de Software Libre que puidesen resaltar de interese para a consecución dos obxectivos perseguidos neste convenio.

As actuacións do presente convenio supoñen para a Amtega unha achega económica de 30.000 €

Organismo promotor: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre