Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia Para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción do software libre e de fontes aberta

Asinado o 25 de abril de 2016 entre a Axencia Para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre co obxectivo de realizar actuacións de formación, capacitación e promoción do software libre e de fontes abertas e o uso de estándares abertos en Galicia

25/04/2016

O presente convenio de colaboración ten por finalidade a posta en marcha de unha serie de actuacións de formación, capacitación e promoción do software libre en Galicia, entre as que destacan as seguintes:

  • Organización da xornada "Conectar para innovar"
  • Actividades de apoio ao proceso de migración a software libre do posto de traballo do empregado público
  • Titorización respecto a certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX)

As actuacións do presente convenio supoñen para a Amtega unha achega económica de 40.000 €

Organismo promotor: Axencia Para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Asociación de Empresas Galegas de Software Libre