Convenio de Colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para a supresión de barreiras de comunicación

Convenio de Colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para a supresión de barreiras de comunicación

Convenio de Colaboración asinado o 9 de xullo de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

Convenio de Colaboración asinado o 9 de xullo de 2018 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

O presente convenio de colaboración ten como finalidade promover a supresión das barreiras de comunicación existentes e a mellora da accesibilidade do colectivo de persoas xordas en todos os ámbitos mediante a utilización dos servizos de videointerpretación en lingua de signos española. 

En particular, o obxecto do convenio consiste en articular a colaboración entre as partes para promover a prestación de servizos de intérpretes en linguas de signos españolas as persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas, para facilitar as súas relacións coa administración pública galega. Para esta finalidade, polo carácter de interese público e carácter social desta actividade, a AMTEGA concede á FAXPG unha subvención para a organización e prestación por esta ás persoas que o precisen do seu “Servizo de intérpretes de lingua de signos e guías intérpretes de persoas xordocegas”.

Este servizo ás persoas prestarase baixo a dirección, responsabilidade e autonomía na súa organización e prestación polo seu titular, a FAXPG, sen prexuízo das previsións establecidas neste convenio e da colaboración entre as partes para permitir e posibilitar nas mellores condicións posibles a súa prestación.

Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Axenda Dixital de Galicia 2020 .

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A achega económica da Amtega neste convenio será de ata un máximo de 93.508 €.

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2018, sen prexuízo das posibles prórrogas (por períodos anuales ata o máximo de 4 anos) ou addendas que, no seu caso, poidan acordarse nas que necesariamente figurarán as actuacións a desenvolver e o financiamento correspondente.