Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para a supresión de barreiras de comunicación
Convenio de colaboración asinado o 12/04/2022 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia
O presente convenio de colaboración ten como finalidade promover a supresión das barreiras de comunicación existentes e a mellora da accesibilidade do colectivo de persoas xordas en todos os ámbitos mediante a utilización dos servizos de videointerpretación en lingua de signos española.
O orzamento estimado de gasto para o desenvolvemento da actuación prevista no convenio é o seguinte:
Concepto |
Importe |
Servizo de videointerpretación presencial e vía web, no que se inclúen:
Servizo técnico BILDTEC. Horario: Luns a Venres de 08:00 a 20:00 hs. (Festivos non incluidos)
Licenzas das liñas BILDTEC: 15 liñas no presenciais con liña externa única. 16 liñas presenciais con dotación e mantemento de terminais funcionais |
35.365,84 € |
Servizo de interpretación presencial a través de intérpretes de LSE |
2.597,08 € |
Dirección e soporte técnico do proxecto Intérpretes de Lingua de Signos Española |
62.611,54 € |
Gastos xerais e de administración (seguro de accidente, mutua, subministros) |
3.275,00 € |
Total |
103.849,46 € |