Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia para a realización de actividades de promoción, formación e concienciación en materia de ciberseguridade.

Convenio de colaboración asinado o 12/04/2022 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

12/04/2022
O obxecto deste convenio é establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Amtega o CPEIG para a realización de actuacións de promoción, formación e concienciación en materia de ciberseguridade, en concreto, para a realización da segunda edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal como evento integrador que aglutinará novamente a entidades referentes neste campo como o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), ás principais empresas do ecosistema de ciberseguridade da Comunidade, e a axentes crave dos sectores tecnolóxico, da investigación e o coñecemento.
 
A través do mesmo levaranse a cabo actividades no marco do Encontro CIBER.gal destinadas ao colectivo empresarial, con charlas, paneis de debate e obradoiros de ciberseguridade. Así mesmo, realizaranse actividades dirixidas á cidadanía de interese para os menores, familia e perfís con interese de especialización no ámbito da ciberseguridade.
 
Tamén se realizarán actividades destinadas ás administracións públicas galegas autonómica, provincial e local, informando sobre os riscos actuais de ciberseguridade e do modo de facerlles fronte.
Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Estratexia Galicia Dixital 2030.
 
As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.
 
O orzamento previsto para a realización do obxecto do presente convenio ascende a sesenta e cinco mil euros (65.000 €).
 
A Amtega colaborará na realización do obxecto do convenio cunha achega máxima de corenta e cinco mil euros (45.000 €) con cargo á aplicación orzamentaria 04.A1.571A.640.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

 O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de  2022.