Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade dixital

Convenio de colaboración asinado o 04/04/2022 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

04/04/2022


O presente Convenio de Colaboración entre a Amtega e o CPEIG ten por obxecto a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia.

Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Estratexia Galicia Dixital 2030.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A Amtega financiará as accións do presente convenio, ata un máximo de SETENTA MIL EUROS (70.000 €) con cargo á partida orzamentaria 04.A1.571A.781.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de  2022.