Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Cruz Vermella Española en Galicia para a execución do programa formativo itinerante en competencias dixitais, orientado a fomentar o uso da tecnoloxía prioritariamente entre o colectivo de persoas maiores no ámbito rural galego
Convenio de colaboración asinado o 19/05/2023 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Cruz Vermella Española en Galicia
19/05/2023
O presente Convenio de Colaboración entre a Amtega e Cruz Vermella ten por obxecto a realización de actuacións de formación e capacitación dixital e acompañamento tecnolóxico dirixidas especialmente ao colectivo de persoas maiores de 55 anos sobre todo no ámbito rural galego para formalo na utilización da tecnoloxía e fomentar a súa independencia e autonomía.
Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Estratexia Galicia Dixital 2030 e contribuirá a acadar os obxectivos establecidos no mesmo, especialmente no eixo estratéxico “Sociedade dixital e inclusiva” e que recolle entre outros, a necesidade de promover as competencias dixitais para non deixar a ninguén atrás.
As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como os deberes que deberán ser asumidos por ambas as partes para o cumprimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.
O orzamento estimado de gasto para o desenvolvemento da actuación prevista no convenio é o seguinte:
Programa formativo itinerante en competencias dixitais 30.000 €
O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2023.