Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para levar a cabo as obras de edificación do Centro de Ciberseguridade de Galicia, cofinanciado no marco do eixo REACT UE do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Convenio de colaboración asinado o 07/04/2021 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia

07/04/2021
 
O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre a Amtega e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para o financiamento das obras e execución da construción do edificio para albergar o Centro de  ciberseguridade de Galicia, aproveitando a estrutura xa existente no recinto do Xardín do Teatro da Cidade da Cultura de Galicia, que contará cunha superficie útil aproximada de 1.500 m2, de acordo co Programa de necesidades que a tal efecto achegue a AMTEGA, así como a redacción do proxecto, dirección facultativa, control de seguridade e saúde, control de calidade e execución de obra. A redacción do proxecto de execución deberá axustarse ao  entorno e espazo dispoñibles.
 
As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.
 
A AMTEGA financiará as actuacións que se derivan da sinatura e execución do presenteconvenio por un importe estimado de 3.200.000,00€ con cargo ao seu orzamento para os
anos 2021 e 2022 conforme á seguinte distribución por anualidades:
 

APLICACIÓN ORZAMENTARIA

2021

2022

TOTAL

04A1 571A 622.0

800.000 €

2.400.000 €

3.200.000,00 €

 
Este importe corresponde á estimación do orzamento de execución das obras, incluído a redacción do proxecto, dirección facultativa, coordinación de seguridade e saúde, control de calidade, así como os ensaios e probas que resulten necesarios. O importe exacto determinarase unha vez redactado o proxecto. En calquera caso a aprobación de revisións ou modificacións dos contratos precisarán a conformidade previa da Amtega.
 
As actuacións obxecto deste convenio poderán ser susceptibles de financiamento no marco do Eixo REACT UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.
 
O presente convenio terá efecto desde o momento da súa sinatura e estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2022, sen prexuízo das posibles prórrogas que poidan acordarse, nos termos establecidos no artigo 49.h) da Lei 40/2015, do 1 de outubro.