Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia para a realización de actividades de promoción, formación e concienciación en materia de ciberseguridade

Convenio de colaboración asinado o 14/10/2021 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

14/10/2021


O obxecto deste convenio é establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Amtega o CPEIG para a realización de actuacións de promoción, formación e concienciación en materia de ciberseguridade, en concreto, para a realización  do Evento CIBER.gal como evento integrador que aglutinará a entidades referentes como o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), ás principais empresas do ecosistema de ciberseguridade da Comunidade, e a axentes crave dos sectores tecnolóxico, da investigación e o coñecemento.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

2. A Amtega colaborará na realización do obxecto do convenio cunha achega máxima de corenta e cinco mil euros (45.000 €) con cargo á aplicación orzamentaria 04.A1.571A.640.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.
A cantidade reseñada destinarase a cofinanciar os gastos relativos ás seguintes actuacións previstas:
-Medios técnicos para a adecuación e preparación dos espazos físicos no que se celebre o evento.
-Medios materiais tanto físicos como dixitais destinados á adaptación do lugar de celebración do evento
-Persoal técnico e persoal auxiliar precisos para a realización do evento
-Servizos e elementos operativos precisos para a xestión do evento
-Accións promocionais destinadas a poñer en coñecemento do público obxetivo a existencia do evento.
 
A referida achega é unha porcentaxe do importe total do proxecto e financiará exclusivamente unha parte dos custos do convenio, sen que o CPEIG obteña beneficio ou lucro ningún.
 
O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de  2021.