Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a entidade la Opinión de A Coruña, S.A.U. para a realización de diversas accións divulgativas e informativas relacionadas iniciativas da Axenda Galicia Dixital 2030 e p

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a entidade la Opinión de A Coruña, S.A.U. para a realización de diversas accións divulgativas e informativas relacionadas iniciativas da Axenda Galicia Dixital 2030 e proxectos de transformación dixital en Galicia

Convenio de colaboración asinado o 26 de marzo de 2021 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a entidade la Opinión de A Coruña, S.A.U.

Convenio de colaboración asinado o 26 de marzo de 2021 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a entidade la Opinión de A Coruña, S.A.U.


O presente convenio entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a entidade La Opinión de A Coruña S.A.U., ten por obxecto colaborar na realización de diversas accións divulgativas e informativas relacionadas coa Axenda Galicia Dixital 2030 e proxectos de transformación dixital na Comunidade.

Esta colaboración levarase a cabo a través da realización dun mínimo dun café de redacción con cobertura de dobre páxina cor en edición impresa e envorcado dos mesmos contidos en edición dixital, dun webinar con cobertura dunha páxina cor na edición impresa e envorcado web dos mesmos contidos na edición dixital e publicación de dúas reportaxes dunha páxina cor en edición impresa, en páxina impar en días laborables, e envorcado dos mesmos contidos en edición dixital relativo a iniciativas e proxectos de transformación dixital na Comunidade Autónoma de Galicia.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A colaboración financeira da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia neste convenio non terá o carácter de prezo, senón de achega que se realiza para compensar a entidade dos gastos nos que incorre como consecuencia da elaboración, planificación, posta en marcha e desenvolvemento do obxecto do convenio. Porén, existe unha compensación de acordo á actividade esixible ao medio de comunicación, sen marxe comercial de ningún tipo.

O importe desta compensación pola prestación que se realiza, está fixado utilizando criterios obxectivos adaptados aos que rexen no mercado e atendendo de xeito proporcional aos últimos datos do EGM, os datos de audiencia dos grupos de comunicación de Galicia de prensa escrita que quedan recollidas na memoria deste convenio.

Como consecuencia disto, a achega económica da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ascende a 7.493,92 € e será financiada con cargo á aplicación orzamentaria 04.A1.571A.640.0 dos orzamentos xerais da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o ano 2021.

O presente convenio producirá efectos dende a data da sinatura ata o 15 de decembro de 2021.