Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Clúster TIC Galicia para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade dixital en Galicia
Convenio asinado o 31 de maio de 2021 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Clúster TIC Galicia
O presente Convenio de Colaboración entre a Amtega e o Clúster TIC ten por obxecto a realización de actuacións de difusión e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia.
Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Estratexia Galicia Dixital 2030.
As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración son as seguintes:
- Participar de forma activa, en colaboración cos axentes implicados, no deseño e recompilación de datos para o Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia integrado no GaiasTech. A catalogación da oferta deberá ser o suficientemente exhaustiva para que logo se produzan resultados de valor nas buscas por parte da demanda.
- Colaborar nas actuacións de difusión que a AMTEGA programe, especialmente no tocante ao ámbito empresarial e tecnolóxico e aos eventos do centro GaiasTech, incentivando o uso da infraestrutura por parte das empresas socias do Clúster TIC Galicia.
- Apoio na definición conceptual dun portal de emprego TIC de Galicia que funcione como un concentrador da oferta TIC Galega e facilitador para a captación de perfís. Este portal debe manter unha relación de comunicación co portal Retorna Dixital.
As actividades a realizar non supoñen beneficio nin lucro para a entidade beneficiaria do convenio.
A Amtega financiará as accións do presente convenio, ata un máximo de CORENTA E SEIS MIL EUROS (46.000,00 €) con cargo á partida orzamentaria 04.A1.571A.781.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.
O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2021.