Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a entidade La Voz de Galicia S.A. para a realización de diversas accións divulgativas e informativas relacionadas con iniciativas da Axenda Dixital de Galicia 2020 e proxectos de transformación dixital en Galicia.

Convenio de colaboración asinado o 11 de maio de 2020 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a entidade La Voz de Galicia S.A.

11/05/2020


O presente convenio entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a entidade La Voz de Galicia, S.A., ten por obxecto colaborar na elaboración, maquetación, publicación e divulgación dun mínimo de 15 páxinas en suplementos do xornal, e un suplemento de 8 páxinas, de información relacionada con temas da Axenda Dixital de Galicia 2020 e de transformación dixital na Comunidade. Esta colaboración realizarase a través da publicación de contidos relacionados con iniciativas de transformación tecnolóxica nun mínimo de 15 páxinas en suplementos do xornal, un suplemento de 8 páxinas e dous cafés de redacción sobre algunha das áreas da Axenda Dixital de Galicia 2020, con repercusión no xornal.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A colaboración financeira da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia neste convenio non terá o carácter de prezo, senón de achega que se realiza para compensar a entidade dos gastos nos que incorre como consecuencia da elaboración, planificación, posta en marcha e desenvolvemento do obxecto do convenio. Porén, existe unha compensación de acordo á actividade esixible ao medio de comunicación, sen marxe comercial de ningún tipo.

O importe desta compensación pola prestación que se realiza, está fixado utilizando criterios obxectivos adaptados aos que rexen no mercado e atendendo de xeito proporcional aos últimos datos do EGM, os datos de audiencia dos grupos de comunicación de Galicia de prensa escrita que quedan recollidas na memoria deste convenio.

Como consecuencia disto, a achega económica da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ascende a Tecnolóxica de Galicia ascende a 134.095,60 € e será financiada con cargo á aplicación orzamentaria 04.A1.571A.640.0 dos orzamentos xerais da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o ano 2020.

O presente convenio producirá efectos dende a data da sinatura ata o 15 de decembro de 2020.