Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre, para o desenvolvemento do software libre en Galicia

Convenio de colaboración asinado o 11/05/2022 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre

11/05/2022

O presente Convenio de colaboración entre a Amtega e as AGUSL ten por obxecto o financiamento da realización de actuacións para o fomento do uso e divulgación do software e hardware libre en Galicia.

Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Estratexia Galicia Dixital 2030.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A Amtega financiará as accións do presente convenio, ata un máximo de TRINTA MIL  EUROS (30.000,00 €) con cargo á partida orzamentaria 04.A1.571A.781.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Da indicada cantidade corresponderá un reparto inicial equitativo de CINCO MIL EUROS (5.000,00 €) para cada Asociación.

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2022.