Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o consorcio para o desenvolvemento de aplicacións informáticas de Xestión Universitaria de Galicia para o apoio ás actividades en materia de Software Libre

Convenio de colaboración asinado o 4 de febreiro de 2020 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o consorcio para o desenvolvemento de aplicacións informáticas de Xestión Universitaria de Galicia

O presente Convenio de colaboración entre a Amtega e o CIXUG ten por obxecto o financiamento da realización de actuacións para o fomento do uso e divulgación do Software Libre no ámbito universitario en Galicia.

Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Axenda Dixital de Galicia 2020.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A Amtega financiará as accións do presente convenio, ata un máximo de CINCUENTA E CINCO MIL EUROS (55.000 €) con cargo á partida orzamentaria 04.A1.571A.781.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2020.