Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Augas de Galicia para a instalación de equipamento tic no centro de proceso de datos integral (CPDI) e prestación de servizo na modalidade de IaaS

Convenio de colaboración asinado o 22/10/2021 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Augas de Galicia

22/10/2021
 
O presente Convenio ten por obxecto establecer as condicións da instalación dos sistemas informáticos e tratamento de datos (equipamento TIC) propiedade de Augas de Galicia, no Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta de Galicia (CPDI). Concretamente consiste en aloxar no CPDI o seu sistema informático na modalidade de “housing”. Estes sistemas TIC ocupan un total de 2 armarios tipo rack para aloxar os seus servidores. O contido que se aloxará nestas unidades contén categorías especiais de datos no referente á protección de datos dos mesmos.
 
Así mesmo, será obxecto deste Convenio a regulación da prestación dun modelo de infraestrutura como servizo (IaaS). En concreto, este servizo, consiste na posta a disposición de Augas de Galicia, de recursos de procesamento e almacenamento a través da rede, consonte ás especificacións que se inclúen na cláusula Segunda do presente Convenio.
 
As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.
 
A Amtega requirirá anualmente a Augas de Galicia o pagamento en función das tarifas establecidas para os seguintes conceptos demandados:
 
Este convenio entrará en vigor o día da súa sinatura e manterá a súa vixencia ata o 31/12/2024, podendo prorrogarse por un período máximo igual ao da súa duración inicial mediante a subscrición da correspondente addenda.