Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade da información.

Convenio de colaboración asinado o 13 de febreiro de 2020 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia

13/02/2020


O presente Convenio de Colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia ten por obxecto o financiamento da realización de actuacións para o fomento da Sociedade
da Información en Galicia.

Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Axenda Dixital de Galicia.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia financiará as accións do presente convenio, ata un máximo de SESENTA E CINCO MIL EUROS (65.000 €) con cargo á partida orzamentaria 04.A1.571A.781.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Este expediente tramítase como anticipado de gasto ao abeiro da posibilidade prevista no artigo 1 da Orde do 11 de febreiro de 1998, que regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada respectivamente pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde do 25 de outubro de 2001 e queda condicionado á existencia de crédito axeitado e suficiente nos orzamentos xerais da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia que se aproben para o ano 2020.

O financiamento por parte da Amtega das actuacións obxecto do presente convenio será compatible con outras axudas establecidas por outra Administración Pública, organismo ou ente público ou privado, nacional ou internacional para o mesmo fin. O importe das axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custe da actividade subvencionada.

O aboamento da achega antedita realizarase unha vez que se xustifique a realización das actividades descritas neste convenio.

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2020.