Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para a supresión de barreiras de comunicación

Convenio de colaboración asinado o 06 de maio de 2020 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

06/05/2020

O presente convenio de colaboración ten como finalidade promover a supresión das barreiras de comunicación existentes e a mellora da accesibilidade do colectivo de persoas xordas en todos os ámbitos mediante a utilización dos servizos de videointerpretación en lingua de signos española.

En particular, o obxecto do convenio consiste en articular a colaboración entre as partes para promover a prestación de servizos de intérpretes en linguas de signos españolas as persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas, para facilitar as súas relacións coa administración pública galega. Para esta finalidade, polo carácter de interese público e carácter social desta actividade, a AMTEGA concede á FAXPG unha subvención para a organización e prestación por esta ás persoas que o precisen do seu “Servizo de intérpretes de lingua de signos e guías intérpretes de persoas xordocegas”.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia financiará as accións do presente convenio, ata un máximo de noventa e dous mil novecentos vinte e tres euros con dez céntimos de euro (92.923,10 €) con cargo á partida orzamentaria 04.A1.571A.781.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

O aboamento da achega antedita realizarase unha vez que se xustifique a realización das actividades descritas neste convenio.

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2020, sen prexuízo das posibles prórrogas (por períodos anuales ata o máximo de 4 anos) ou addendas que, no seu caso, poidan acordarse nas que necesariamente figurarán as
actuacións a desenvolver e o financiamento correspondente.