Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre, para o desenvolvemento do software libre en Galicia

Convenio de colaboración asinado o 23 de xullo de 2021 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre

23/07/2021


O presente Convenio de colaboración entre a Amtega e as AGUSL ten por obxecto o financiamento da realización de actuacións para o fomento do uso e divulgación do software e hardware libre en Galicia.

Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Estratexia Galicia Dixital 2030.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A Amtega financiará as accións do presente convenio, ata un máximo de TRINTA MIL EUROS (30.000,00 €) con cargo á partida orzamentaria 04.A1.571A.781.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021. 

Da indicada cantidade corresponderá un reparto inicial equitativo de SEIS MIL EUROS (6.000,00 €) para cada Asociación.

O financiamento por parte da Amtega das actuacións obxecto do presente convenio será compatible con outras axudas establecidas por outra Administración Pública, organismo ou ente público ou privado, nacional ou internacional para o mesmo fin.

O importe das axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custe da actividade subvencionada.

O aboamento da achega antedita realizarase unha vez que se xustifique a realización das actividades descritas neste convenio.

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2021.