Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para levar a cabo o acondicionamento do espazo GaiásTech no edificio do Centro de Emprendemento da cidade da Cultura de Galicia

Convenio de colaboración asinado o 3 de xuño de 2019 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia

03/06/2019


O obxecto do presente convenio é a configuración e acondicionamento do novo Espazo GaiásTech, un espazo colaborativo para impulsar a incorporación e o aseguramento da transferencia permanente dos avances dixitais ás actividades e sectores produtivos, no edificio CEM na Cidade da Cultura de Galicia.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A AMTEGA financiará as actuacións que se derivan da sinatura e execución do presente convenio por un importe estimado de 403.959,00 € con cargo ao seu orzamento.

O presente convenio terá efecto dende o momento da súa sinatura e estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2020, sen prexuízo das posibles prórrogas que poidan acordarse.