Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción do Software Libre e de fontes abertas e o uso de estándares abertos en Galicia

Convenio de colaboración asinado o 24 de abril de 2019 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre

24/04/2019


O presente Convenio de Colaboración entre a Amtega e Agasol ten por obxecto o financiamento da realización de actuacións de formación, capacitación e promoción do software libre e de fontes abertas e o uso de estándares abertos en Galicia, para o fomento da Sociedade da Información en Galicia. Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Axenda Dixital de Galicia 2020.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A Amtega financiará as accións do presente convenio, ata un máximo de CORENTA MIL EUROS (40.000 €), con cargo á partida orzamentaria 04.A1.571A.781.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2019.