Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias como entidade colaboradora na xestión de subvención e para o desenvolvemento do plan de inclusión dixital no eido da administración local

Convenio de colaboración asinado o 21 de decembro de 2019 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Redes de Telecomunicación Galegas RETEGAL, S.A.

05/02/2019


O presente Convenio de Colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias ten por obxecto regular a colaboración para o exercicio 2019 entre estas institucións para a xestión da subvención concedida ás entidades locais que teñan aulas de referencia da rede CeMIT, e para o desenvolvemento das actuacións do Plan de Inclusión Dixital no eido da Administración Local.

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia financiará, a través da Federación Galega de Municipios e Provincias , as actuacións que en materia de inclusión dixital realicen as entidades locais con aulas de referencia ata un importe máximo de SETECENTOS OITENTA E NOVE MIL CINCOCENTOS VIENTE E DOUS EUROS ( 789.522,00 €) con cargo á partida orzamentaria 04.A1.571A.460.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2019, sen prexuízo das posibles prórrogas ou addendas que, no seu caso, poidan acordarse nas que necesariamente figurarán as actuacións a desenvolver e o financiamento correspondente.