Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación Consorcio Rede Alastria para o fomento do coñecemento e divulgación das tecnoloxías blockchain/TRD

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación Consorcio Rede Alastria para o fomento do coñecemento e divulgación das tecnoloxías blockchain/TRD

Convenio de colaboración asinado o 1 de marzo de 2019 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación Consorcio Rede Alastria

Convenio de colaboración asinado o 1 de marzo de 2019 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación Consorcio Rede Alastria


O presente Convenio de colaboración entre Amtega e ALASTRIA ten por obxecto establecer as liñas básicas de cooperación entre as partes, así como regular os mecanismos operativos para a coordinación entre ambas as institucións no fomento do coñecemento e divulgación das tecnoloxías Blockchain/TRD. 

As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como os deberes que deberán ser asumidos por ambas as partes para o cumprimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.

A subscrición do presente convenio non implicará ningún compromiso financeiro para ningunha das partes, non dará lugar a contraprestación económica algunha entre as partes asinantes e non suporán incremento do gasto público. 

O presente convenio marco terá unha duración inicial de dous anos, a partir do día da súa firma, e será prorrogable ao seu termo por igual período mediante a subscrición dun acordo expreso en tal sentido, que deberá formalizarse con un mes de antelación á expiración do convenio.