Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade da información.

Convenio de colaboración asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia

Convenio de colaboración asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia

O presente Convenio de Colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia ten por obxecto o financiamento da realización de actuacións para o fomento da Sociedade da Información en Galicia.
 
Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Estratexia Galicia Dixital 2030.
 
As actuacións que se desenvolverán en base a este Convenio de Colaboración, así como as obrigas que deberán ser asumidas por ambas partes para o cumplimento do mesmo, quedan definidas no documento correspondente.
 
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia financiará as accións do presente convenio, ata un máximo de SESENTA E CINCO MIL EUROS (65.000 €) con cargo á partida orzamentaria 04.A1.571A.781.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

O financiamento por parte da Amtega das actuacións obxecto do presente convenio será compatible con outras axudas establecidas por outra Administración Pública, organismo
ou ente público ou privado, nacional ou internacional para o mesmo fin. O importe das axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custe da actividade subvencionada.
 
O aboamento da achega antedita realizarase unha vez que se xustifique a realización das actividades descritas neste convenio.