Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Club Financiero Atlántico para o desenvolvemento do Mobile Week Coruña
Convenio de colaboración asinado o 9 de novembro entre a Amtega e o Club Financiero Atlántico
09/11/2018
O presente convenio ten por obxecto establecer as bases de colaboración entre a Amtega e o CFA para o desenvolvemento do I Mobile Week A Coruña no ano 2018.
Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Axenda Dixital de Galicia 2020.
As actuacións levadas a cabo en base a este Convenio de Colaboración son: mWeek TALKS, mWeek LAB, mWeek KIDS, mWeek GALLERY.
A Amtega financiará as accións do presente convenio, ata un máximo de 30 000 euros, con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.